top of page

Guadalupe Murillo Solís, nova ponente de "100 Consellos para o 2016"



Continuamos desvelando a nosa lista de ponentes para o II Encontro de Directivos Líderes de Galicia "100 Consellos para o 2016" con Guadalupe Murillo Solís, Directora Xeral de Conservas Pescamar e Presidenta do Pontevedra FC.


Conservas Pescamar é un importante complexo industrial de conservas de peixe e mariscos con sede central en Poio (Pontevedra). Dende os seus inicios e ata a actualidade este complexo industrial foise ampliando e renovando ano a ano, convertíndose nunha moderna estructura empresarial, presente en todo o territorio nacional e en máis de 35 países en todo o Mundo. A expansión e procura de novos mercados son unha constante dende o seu nacemento, leva décadas consolidada en Europa e no Norte de África. Hoxe en día PESCAMAR está presente en todo o mundo, dende o continente americano, pasando polos países de Europa do Leste ata chegar a Extremo Oriente. www.pescamar.es


O Pontevedra FC é un clube de fútbol da cidade de Pontevedra. Foi fundado no 1941 e xoga na Segunda División B de España. Disputa os seus partidos no Estadio de Pasarón, con capacidade para 12.000 espectadores e é, estadísticamente, o cuarto clube de Galicia, ocupando a 43ª posición na Clasificación Histórica da Primeira División Española de Fútbol, só por detrás do Real Culb Celta de Vigo (11º clasificado), Real Culb Deportivo de La Coruña (12º clasificado) e a Sociedade Deportiva Compostela (40º clasificado). Tivo a súa época dourada nos anos 60, cando se mantiña en Primeira División e chegou a ser o mellor equipo galego do momento, sendo líder de Primeira e Campeón de Inverno na temporada 65-66. Está considerado o terceiro clube de Galicia, por estadio, cidade, e sobre todo pola aficción e historia. www.pontevedracf.com


Poderedes disfrutar da súa ponencia a mañan do 3 de Febreiro do 2016 no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela. #100Consellos2016.






Noticias Destacadas
Noticias Recientes
Archivo
Buscador por Tags
No hay tags aún.
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
bottom of page