top of page

José Luciano Martínez Covelo, novo ponente de "100 Consellos para o 2016".



Continuamos desvelando a nosa lista de ponentes para o II Encontro de Directivos Líderes de Galicia "100 Consellos para o 2016" con José Luciano Martínez Covelo, Presidente de Marsan S. L. Transformaciones Superficiales e Presidente do Cluster de Empresas de Automoción de Galicia. Entrevista - Atlántico


Marsan S.L.Transformaciones Superficiales é unha empresa adicada a comercialización de pezas metálicas, así como a tratamentos térmicos e pintura electroestática, taller de tubería, proxectos e fabricación de utillaxe e tratamentos químicos, tratamento e revestimento de metais, fabricación de motocicletas e ciclomotores e fabricación de vehículos a motor. No ano 2015 Marsan expandiuse a México. O crecemento este exercicio calcula que vai a ser un 60% superior ao 2014 e a plantilla actual (70 persoas) podrá chegar a 100 a finais do 2015. Pero ademáis, a empresa de estampación e recubrimentos comezará o próximo ano a producir para GKN en México con unha nova línea de pintura líquida. Entre 2014 e o actual 2015, MARSAN terá invertido 4,7 millóns. Incluíndo Itech en México, a empresa alcanzou unha facturación consolidada de 11 millóns no 2014. Neste ano prevé cheegar aos 14 millóns. www.marsansl.com


A misión do Cluster de Empresas de Automoción de Galicia é situar ao Sector da Automoción de Galicia nunha posición de Liderado Competitivo e Sostible en Europa no Horizonte 2020, contribuindo ao progreso e á calidade de vida do seu entorno. CEAGA promove proxectos cooperativos de alto impacto para mellorar a competitividade das empresas da industria da automoción de galicia, agrupando a todo o sector: ao fabricante, o Centro de Vigo de PSA Peugot Citroën, a 105 empresas de compoñentes e servicios de apoio e ao Centro Tecnolóxico de Automoción de Galcia, CTAG. En térmos de emprego, as empresas de Fundación CEAGA contan con 18.150 empregos directos. Esto supón o 12% do emprego industrial de Galicia. En térmos económicos, a facturación das empresas que a integran alcanza os 7.600 M€, o que equivale ao 14% do PIB de Galicia. www.ceaga.com


Poderedes disfrutar da súa ponencia a mañan do 3 de Febreiro do 2016 no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela. #100Consellos2016





Noticias Destacadas
Noticias Recientes
Archivo
Buscador por Tags
No hay tags aún.
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
bottom of page