top of page

Juan Mª Loureda Mantiñán, novo ponente de "100 Consellos para o 2016".



Continuamos desvelando a nosa lista de ponentes para o II Encontro de Directivos Líderes de Galicia "100 Consellos para o 2016" con Juan Mª Loureda Mantiñán, Vicepresidente do Grupo Puentes. Entrevista - El Correo Gallego.


O Grupo Puentes, con 36 anos de historia, é un grupo empresarial que conta cun equipo internacional de máis de 500 profesionais e máis de 1.000 obras presentes ao longo de 11 países. A misión deste Grupo, que no 2013 facturaba 201 millóns de €, é construir pontes e viaductos que sexan exemplo para as futuras xeracións. A internacionalización e a apertura de mercados son, probablemente, os cambios máis importantes experimentados polo Grupo Puentes nos últimos anos. Este proceso viuse reflexado na crecente proxección exterior da empresa, de forma que a súa vertente internacional pasou a formar parte relevante da estratexia do Grupo, sendo unha prioridade ampliar e consolidar a perspectiva internacional na súa estratexia e xestión. www.grupopuentes.com

Poderedes disfrutar da súa ponencia a mañan do 3 de Febreiro do 2016 no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela. #100Consellos2016


Noticias Destacadas
Noticias Recientes
Archivo
Buscador por Tags
No hay tags aún.
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
bottom of page