top of page

Dez gurús empresariais galegos trasladan as claves do éxito en 100 consellos

Imaxinación, diferenciación ou a volta ao básico: traballo e compromiso // É o momento das mulleres, apuntou Josefina Fernández ante máis de 500 directivos no Pazo de Congresos de Santiago // O presidente do Celta receita perseverancia.

Nada menos que 100 consellos foron os proporcionados por empresarios de éxito a máis de 500 directivos líderes e outros empresarios galegos este mércores nun evento celebrado nocompostelán Pazo de Congresos. As achegas dos relatores foron resumidas a través das redes sociais, de onde foron recolloidas nesta crónica, a medida que se ían producindo. Quen eran eses relatores? O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, José Manuel Fernández Alvariño; o presidente do Grupo Segesa, Javier González Pereira; o presidente da cooperativa Feiraco, José Montes Pérez; o presidente do estaleiro Hijos de J. Barreras, José García Costas; o presidente de Pérez Rumbao, José Ramón Pérez Nieto; o director xeral de Vegalsa-Eroski, Joaquín González; a conselleira delegada de Geriatros, Josefina Fernández; o empresario e presidente do R.C. Celta, Carlos Mouriño; e o presidente de Urovesa, José Sierra. Aí van algunhas das súas recomendacións: Ser imaxinativo! Ver máis alá!, de Fernández Albariño, presidente da patronal. "Internacionalización e equipo, dúas claves para seguir siendo referentes no mercado", foi o consello de Pérez Nieto, que tamén apuntou como interesante "saber discontinuar". "Galicia está de moda", dixo Josefina Fernández Miguélez, de Geriatros, para engadir que "chegamos máis tarde, pero chegamos para quedarnos, é o momento das mulleres". José Montes Pérez, presidente da cooperativa láctea Feiraco, asegurou que "sempre hai una oportunidade".

Javier González Pereira, de Cenor e Segesa, compartiu a banda sonora do cambio. Música y consellos unidos: segundo un estudo recente, os optimistas equivócanse igual de veces que os pesimistas, e pásano mellor, dixo para logo aconsellar "volver ao básico, a traballar e a comprometerse". “Dos fracasos apréndese, eu prefiro aprender dos éxitos, é máis económico”, apuntou José García, presidente do estaleiro vigués Hijos de J. Barreras. Unha das claves de Carlos Mouriño, presidente do Celta de Vigo é esta: "hai que ser perseverante, pois os soños máis imposibles poden cumprirse".

Para Joaquín González, de Vegalsa-Eroski, a información é importante: “Se queres traballadores comprometidos, deben ter información de como vai a empresa. Finalmente, José Sierra, presidente de Urovesa, apelou á diferenciación dos produtos e á confianza nas propias poisiblidades: “Temos a diferenciación e podemos darlle ao cliente o vehículo que quere e necesita”, e engadiu: "pódese crear en tempos de crise se se ten o convencemento necesario para facelo".

Noticia extraida de El Correo Gallego:

http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/dez-gurus-empresariais-galegos-trasladan-as-claves-do-exito-100-consellos/idEdicion-2015-02-04/idNoticia-914376/

Noticias Destacadas
Noticias Recientes
Archivo
Buscador por Tags
No hay tags aún.
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
bottom of page